Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 30 de abril de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística de dous establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución ditada no procedemento de baixa de autorización e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos relacionados, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar esta polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a directora da Axencia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 30 de abril de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Establecemento: Pensión Asociación Ader.

Titular: Asc. Animación y Deporte en el Espacio Natural Ader.

Enderezo: Dombodán, Portodemouros.

Concello: 15810 Arzúa.

Establecemento: Casa de Hóspedes Beiramar.

Titular: H.R. Beiramar, C.B.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro, 30.

Concello: 15117 Laxe.