Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e ordinario, do servizo de vixilancia e seguridade para o Hospital da Barbanza e o Ambulatorio Concepción Arenal (AB-EIS1-13-026).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Servizo de Contratación Administrativa.

2. Enderezo: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4. Teléfono: 981 95 02 60.

5. Telefax: 981 95 09 85.

6. Correo electrónico: angeles.alonso.garcia@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIS1-13-026.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade para o Hospital da Barbanza e o Ambulatorio Concepción Arenal, pertencentes á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse pregos.

d) Lugares de execución/entrega:

1. Domicilio: Hospital da Barbaza- Ribeira (A Cuña). Ambulatorio Concepción Arenal de Santiago.

2. Localidade e código postal:15993 Ribeira e 15701 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: doce meses, computados desde a data da súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 79710000-4 e 79714000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse os pregos.

4. Valor estimado do contrato: 396.488,63 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 193.409,09 euros. Importe total: 234.025,00 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: si; ver pregos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), se é o caso: véxanse os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos:

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

2. Enderezo: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4. Enderezo electrónico: angeles.alonso.garcia@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido):

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: véxanse os pregos.

11. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2013

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela