Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16112

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO para a licitación do contrato do servizo de mantemento e realización de controis sanitarios da piscina climatizada e da piscina ao aire libre As Grades (expediente C/01/2013).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello da Cañiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

– Enderezo: Secretaría. Casa do Concello. Rúa Oriente, 11, 36880 A Cañiza.

– Teléfono: 986 65 10 00/01.

– Telefax: 986 65 11 90.

– Correo electrónico: secretaria@caniza.org

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.caniza.org

e) Data límite de obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

f) Número de expediente: C/01/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento e realización de controis sanitarios da piscina climatizada e da piscina ao aire libre As Grades.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non.

d) Lugar de execución: Concello da Cañiza.

e) Prazo de execución: dous (2) anos.

f) Admisión de prórroga: si. Un (1) ano.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 50800000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (non SARA).

c) Criterios de adxudicación: prezo e memoria técnica.

4. Prezo de licitación: 13.382,16 €/ano.

5. Garantías exixidas. Definitiva (%): 5.

6. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: quince (15) días desde a publicación do anuncio no BOP, DOG e perfil do contratante.

b) Modalidade de presentación: tres sobres pechados (sobres A, B e C). Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello da Cañiza; rúa Oriente, 11, 36880 A Cañiza (Pontevedra).

8. Apertura de ofertas:

a) Lugar de apertura: Rexistro Xeral do Concello da Cañiza; rúa Oriente, 11, 36880 A Cañiza (Pontevedra).

b) Data e hora: prazo de dez días hábiles desde o remate do prazo de presentación das ofertas.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (máximo 1.000 €).

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Cañiza, 6 de maio de 2013

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde