Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16048

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1823/2010).

Sala do Social - Secretaría M. Socorro Bazarra Varela.

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 1823 /2010 IP.

Materia: outros dereitos laborais.

Recorrente: María del Carmen Buján Gómez.

Recorridos: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, María Antonia Guerrero Ruiz, María Encarnación Fernández Méndez, María Emilia Pérez Teijeiro, Rossina María Cristina Castro Villar, Eva Vázquez Saavedra, María Lidia Rey Fernández, María Montserrat Vidal Ares, María Aurora Vázquez Saavedra, Felicitas Vázquez Castro, María Josefa Regueiro Lamas, Ana María Rubal Fernández, María Carmen López Rodríguez, Isabel Ortiz Novoa, Carmen Lucía Abal Saborido, Angelina Valladares Domínguez, María Victoria Diz Couto, María Carmen Cores Caldelas, María Pilar Serantes Gómez, Lucinda Maceira Sánchez, Elisa Cibeira Fernández, Rosa María González Domínguez, María Ángeles Bao Fernández, María del Carmen Costa Dorado, Enrique González Domínguez, Julia María Bouza Fernández, María Carmen González Iglesias, María Eugenia Rodríguez Couñago, Josefa Trabazo García, María Venera Antelo Arijón, María Teresa Pallares Romero, María Teresa Creo Tubío, Rosa García Núñez, María Delfina González Castro.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social nº 1 de Vigo. Demanda 652/2009.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia:

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1823/10 IP a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 652/2009 do Xulgado do Social nº 1 de Vigo, promovidos por María del Carmen Buján Gómez contra a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, María Antonia Guerrero Ruiz, María Encarnación Fernández Méndez, María Emilia Pérez Teijeiro, Rossina María Cristina Castro Villar, Eva Vázquez Saavedra e outros, sobre outros dereitos laborais, con data do 21 de decembro de 2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Mª del Carmen Buján Gómez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 23 de novembro de 2009, debemos confirmar integramente a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Josefa Trabazo García, Mª Delfina González Castro, Mª Teresa Pallares Romero, Mª Eugenia Rodríguez Couñago, Mª Ángeles Bao Fernández, Mª Aurora Vázquez Saavedra e Mª Carmen Cores Caldelas, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de abril de 2013

A secretaria xudicial