Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 17 de abril de 2013, da Xefatura da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de autorización de obras de elevación ou adición en edificio con local de negocio arrendado.

Despois de intentada a notificación persoal a Dolores Varela Suárez, interesada no expediente en que se solicita a autorización de obras de elevación ou adición en edificio con local de negocio arrendado sito en Santa Catalina, 17-19, A Coruña, ao abeiro do disposto no artigo 92 do texto refundido da Lei de arrendamentos urbanos de 1964, para comunicarlle a resolución do devandito procedemento, emprázase, conforme os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que no prazo de dez días contados desde a publicación do presente anuncio, poida comparecer nesta Área Provincial do IGVS, sita en Vicente Ferrer, 2, 9º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de poder examinar a documentación que figura no expediente e, se é o caso, interpoñer contra a resolución ditada, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde a finalización daquel prazo, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992.

A Coruña, 17 de abril de 2013

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña