Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 2013026TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data 18 de febreiro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013026TA-OU, a Miudiño Café Bar, Quenlla das Meigas, S.L., CIF B32224040, con domicilio na rúa Arcedianos, 3, 32003 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a Miudiño Café Bar, Quenlla das Meigas, S.L., CIF B32224040, con domicilio na rúa Arcedianos, 3, 32003 Ourense, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, 13, Ourense, e obter, de ser o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido de dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 16 de abril de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013026TA-OU.

Denunciado: Miudiño Café Bar, Quenlla das Meigas, S.L.

Documento de identificación: CIF B32224040.

Última dirección coñecida: rúa Arcedianos, 3, 32003 Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: setenta e cinco euros (75,00 €).