Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 23 de abril de 2013 pola que se notifica resolución de procedemento administrativo sancionador coa clave 13-10-13-04.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 2/2011, do 5 de setembro (BOE nº 253, do 20 de outubro), de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración, do ente público Portos de Galicia, publicado por Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG nº 190, do 1 de outubro.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Galego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS, Caixa Galicia e Caixanova), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2013

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data; porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-10-13-04

Celador do porto

Valentín Fontán Bouzada

Rafael Pico 36

36970 Portonovo, Sanxenxo (Pontevedra)

Instalación de terraza sen autorización.

21.7.2012;

Portonovo (Pontevedra)

Art. 306.1.a) e 306.2.d) Lei 2/2011.

Anexo 03 Lei 6/2003.

Arts. 58 e 60 Orde ministerial 12.6.1976

Art. 312

TRLPEMM

100 €