Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15698

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2013 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 7 de marzo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2013, de aforro e eficiencia enerxética, a proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia.

A Resolución do 7 de marzo de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 53, do 15 de marzo, establece as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia e procede á súa convocatoria para o ano 2013.

No seu artigo 3 establécese a aplicación orzamentaria e o importe previsto para o financiamento das devanditas subvencións, así como a posibilidade de ampliar os créditos dedicados a esta convocatoria, logo da declaración de dispoñibilidade de crédito, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, se for o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible e co fin de atender as solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente.

Consecuentemente con todo o anterior e en exercicio das facultades que me confire o artigo 8 da Lei 3/1999, de 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único

1. Ampliar en 350.000 euros, procedentes dos fondos propios do Inega, a dotación orzamentaria da Resolución do 7 de marzo de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 53, do 15 de marzo) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

2. Na táboa seguinte detállanse os fondos definitivos:

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial

Ampliación

Crédito definitivo

08.A2.733A.761.0

3.628.104 €

350.000 €

3.978.104 €

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia