Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de seguridade privada nas dependencias deste organismo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico-Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2013/227.01/01.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18460

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de seguridade privada nas dependencias do Instituto Galego de Estatística.

c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 38, do 22 de febreiro de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e tramitación ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 133.200,00 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 133.200,00 €. Importe total: 161.172,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de marzo de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 1 de abril de 2013.

c) Contratista: Protección de Patrimonios, S.A. NIF: A61486981.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 128.847,00 €. Importe total: 155.904,87 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2013

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística