Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de abril de 2013 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/53/2012, devolta polo órgano notificador por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 21 de marzo de 2013, resolución pola que se declaran ilegalizables as obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar no lugar de Queizás, no termo municipal de Verín.

Ao non se poder realizar a notificación persoal desta resolución a José Francisco Toribio Pinto e Judite das Dores Batista,como propietarios do terreo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística