Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 19 de abril de 2013 polo que se dá publicidade ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña polo que se inicia o expediente 419 de clasificación como veciñal en man común dos montes de Agrilloi, promovido polos veciños do lugar de Agrilloi, da parroquia da Agualada, do concello de Coristanco.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 20 de decembro de 2012, acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes cuxas características se indican a continuación:

Monte: Agrilloi.

Comunidade veciñal solicitante: veciños do lugar de Agrilloi.

Parroquia: A Agualada.

Concello: Coristanco.

Superficie solicitada: 3,4429 ha. Segundo o informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común da Coruña do 1 de marzo de 2013, a superficie está dividida en dúas parcelas coas seguintes superficies e estremas cada unha:

1) Monte da Barrosa: superficie de 2,0135 ha.

Formado polas parcelas catastrais: polígono 28, parcela 160; polígono 28, parcela 165, e polígono 28, parcela 317, as tres de titularidade comunal, e as súas estremas son:

Norte: polígono 28, parcela 9003 (Pista do Espiño. Coristanco. Desconto).

Polígono 28, parcela 80 (Penedo Pose, Eliseo).

Polígono 28, parcela 166 (Bermúdez Lorenzo, José María).

Leste: polígono 29, parcela 9002 (Camiño Gatiande. Coristanco. Desconto).

Polígono 28, parcela 167 (Rama Mira, Manuel).

Polígono 28, parcela 168 (Recarey Suárez, Manuel).

Polígono 28, parcela 169 (Rodríguez Pena, María Pilar).

Sur: polígono 28, parcela 170 (Bertaina Ricardo, Antonio).

Polígono 28, parcela 171 (Cancela Díaz, Balbina).

Parcela 15029 a 02800354 (sen datos).

Polígono 28, parcela 159 (Recarey Suárez, Manuel).

Oeste: polígono 28, parcela 164 (Busto Rama, José).

Polígono 28, parcela 161 (Busto Rama, José).

2) Monte do Bao: superficie de 1,4294 ha.

Formado pola parcela catastral: polígono 49, parcela 5, de titularidade comunal, e as súas estremas son:

Norte: polígono 49, parcela 4 (Varela Lorenzo, Purificación).

Polígono 49, parcela 3 (Busto Rama, José).

Polígono 49, parcela 2 (Busto Rama, José).

Polígono 49, parcela 13 (Busto Rama, José).

Leste: polígono 49, parcela 9003 (Camiño a Lagares).

Sur: polígono 49, parcela 10 (Vila García, María Ángeles).

Polígono 49, parcela 7 (Busto Rama, José).

Oeste: polígono 49, parcela 9013 (Camiño Lagares-Pedreiro).

En virtude do acordado polo xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da precitada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente e formular perante este xurado no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

A Coruña, 19 de abril de 2013

Augusto José Pérez-Cepeda Vila
Instrutor

Visto e prace
Antonio Manuel Aguión Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común da Coruña