Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 25 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes xestionados nesta xefatura territorial.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 25 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

Cerdinver, S.L.

IN635B 2012/32-1

Resolución

A Coruña

Carla Morales Fernández Yruegas

IN635B 2012/36-1

Resolución

Sada

Víctor Manuel Sánchez Cotelo

IN635B 2012/62-1

Resolución

Oleiros

Elisenda Varela Fernández

IN635B 2012/90-1

Resolución

Cambre

Vida Ascensores, S.L.U.

IN635B 2013/13-1

Alegacións

Oleiros