Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de abril de 2013 pola que se acorda declarar deserta a adxudicación da segunda e da terceira poxa pública para a venda duns bens mobles e do inmoble da antiga Cámara Agraria Local de Vilagarcía de Arousa.

Mediante as ordes da Consellería de Facenda do 25 de xuño e do 28 de decembro de 2012 foi autorizado o alleamento mediante poxa dun inmoble situado no concello de Vilagarcía de Arousa, así como dunha serie de bens mobles.

Logo de realizarse unha primeira poxa pública o día 8 de marzo de 2013 e convocar para a realización dunha segunda e terceira (DOG nº 63, do 2 de abril), realizouse o 8 de abril de 2013 a poxa pública anunciada, co cal, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e logo da proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserta en segunda e terceira poxa a adxudicación dos seguintes bens:

1. Urbana: local no entresollado do edificio sinalado co nº 28 da avenida Doutor Tourón, concello de Vilagarcía de Arousa, cunha superficie útil de 121,21 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: á dereita, Dalmira Penide Davila; á esquerda, predio nº 16301, descanso, caixa da escaleira e patio de luces; á fronte, avenida Doutor Tourón e caixa da escaleira; e ao fondo, Irlanda Penide Davila, descanso e caixa de escaleira. Referencia catastral: 9257810NH1195N0005BL. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa como predio nº 11041, libro 298 e folio 105.

Tipo de licitación en segunda poxa: 80.086,68 euros.

Tipo de licitación en terceira poxa: 65.953,73 euros.

2. Mesa de madeira tallada de 182×98×77 centímetros.

Mesa de madeira tallada e torneada de 162×100×80 centímetros.

Mesa de madeira tallada de 248×124×83 centímetros.

Cadeira de madeira e coiro de 109×57,50 centímetros (catro unidades).

Armario de madeira e vidro de 180×175×40 centímetros.

Máquina de escribir Olivetti liña 98 e máquina calculadora.

Mesa de reunións de madeira de 455×132×80 centímetros.

Andel de madeira de 80×242×25 centímetros (tres unidades).

Tipo de licitación en segunda poxa: 3.472,25 euros.

Tipo de licitación en terceira poxa: 2.859,50 euros.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2013

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda