A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai a celebrar.
En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora: Academia A Mariña.
3. Data: do 20 ao 22 de maio de 2013.
4. Lugar de celebración: Euroserum Ibérica, S.L., Monforte de Lemos (Lugo).
5. Número de prazas: máximo 30 alumnos.
6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.
8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.
9. Programa:
Día 20.5.2013 |
|
9.00-11.15 h |
Biocidas. Descrición e xeneralidades. |
11.15-13.00 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
16.00-19.00 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación dos biocidas. |
Día 21.5.2013 |
|
9.00-11.15 h |
Praguicidas e ambiente. Problemas que presentan. Destrución de envases. |
11.15-13.00 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
16.00-19.00 h |
Prácticas sobre o terreo en campo de árbores froiteiras. Técnicas de aplicación de biocidas. Preparación de disolucións. |
Día 22.5.2013 |
|
9.00-11.15 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
11.15-13.00 h |
Prácticas: primeiros auxilios ante a intoxicación por biocidas. |
16.00-19.00 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas. Repaso xeral. Realización do exame. |
10. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas Nivel básico
Entidade organizadora: Academia A Mariña.
Datas: do 20 ao 22 de maio de 2013.
Lugar de celebración do curso:
Euroserum Ibérica, S.L., Monforte de Lemos (Lugo).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.
Horario: de 9.00-13.00 horas e de 16.00-19.00 horas.
Nº de prazas: máximo 30 alumnos.
Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición a Academia A Mariña, avenida Arcadio Pardiñas, 44, entlo., 27880 Burela (Lugo), a atención de Ramón Hermida Pumares.
Tel.: 982 58 50 98, fax: 982 57 51 01, correo eléctronico: formacion@amarina.org, acompañada de: fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso de 273 €/alumno na conta Academia A Mariña de Novagalicia Banco co número
2080 0109 17 3040018023.
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.
Nome e apelidos
Data de nacemento
NIF/DNI
Enderezo
C.P. Localidade
Teléfono correo electrónico