Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación a Serafín Vázquez Costa, en relación co expediente sancionador en materia de xogo OU-5/12, que se relaciona no anexo que se achega, non foi posible efectuala, polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Lugo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro).
O interesado poderá examinar a citada resolución completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. O dito recurso ou calquera outro que considere pertinente ao seu dereito pódese interpor, ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2013
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
Expediente: OU-5/12.
Interesado: Serafín Vázquez Costa.
DNI/NIF: 33308445-Y.
Último enderezo coñecido: rúa das Hortas, 39,4º B, 27002 Lugo.
Data da resolución: 28 de xaneiro 2013.
Tipificación e precepto infrinxido: grave.
Sanción: 3.000,01 euros.