Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de abril de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación de tres expedientes de clasificación de montes desta provincia (expediente 1/2013 e dous máis).

Perante este xurado provincial de montes veciñais en man común tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas seguintes características:

• Expediente número: 1/2013.

Denominación: de Goberno (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Goberno.

Parroquia: Goberno.

Concello: Castro de Rei.

Superficie: 10 hectáreas, 35 áreas e 88 centiáreas.

Estremas:

– Parcela 501, do polígono 5:

Norte: pista de concentración parcelaria de Goberno.

Sur: pista de concentración parcelaria de Goberno e MVMC de Goberno (exp. 36/79), todas no polígono 5.

Leste: predios particulares de Adolfo Tella Rego (parcela 502), Mª Josefa Pacio Campo (parcela 503), todas no polígono 5.

Oeste: pista de concentración parcelaria de Goberno.

– Parcela 462, do polígono 5:

Norte: predios particulares de Olivia García Pena, Sergio Fernández Rodríguez (parcela 463), Antonio Estea García, Modesta Fernández Rodríguez (parcela 464).

Sur: predios particulares de Constantino Vila Barreiro, Leovigildo García Fernández (parcela 460) e pista de concentración parcelaria de Goberno, todas no polígono 5.

Leste: predios particulares de Serafín Fernández Cobas, Magdalena Rubio González (parcela 459), todas no polígono 5, e MVMC de Goberno (exp. 36/79).

Oeste: pista de concentración parcelaria de Goberno.

• Expediente número: 2/2013.

Denominación: de Rubián de Cima (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Rubián de Cima.

Parroquia: Rubián de Cima.

Concello: O Incio.

Superficie: 1 hectárea, 86 áreas e 18 centiáreas.

Estremas:

Norte: estrada de Rubián á Cervela.

Sur: predios particulares de Carmen López Corral (parcela 100), Clara López Pereiro (parcela 99), Antonio Pereiro Ganoso (parcela 98), Carmen López Corral (parcela 97), todas no polígono 2.

Leste: estrada de Rubián á Cervela.

Oeste: predios particulares de herdeiros de José Rodríguez López e José Gómez Franco (parcela 102), MVMC de Rubián de Cima (exp. 25/77) (parcela 1481), todas no polígono 2.

• Expediente número: 3/2013.

Denominación: de Trasliste (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Trasliste.

Parroquia: Trasliste.

Concello: Láncara.

Superficie: 2 hectáreas, 69 áreas e 52 centiáreas.

Estremas:

– Parcelas 860 e 861 do polígono 11:

Norte: termo municipal do Corgo e predio particular de herdeiros de Manuel Díaz Parajua (polígono 11, parcela 442).

Sur: predios particulares de Manuel Montes Rivas (polígono 11, parcela 61), Manuel Seijas Capón (polígono 11, parcela 705) e Luis Seijas López e Araceli Rodríguez Santón (polígono 11, parcela 427).

Leste: predios particulares de José Villaverde Mourelo (polígono 11, parcela 870), Manuel Seijas Capón (polígono 11, parcela 426) e Luis Seijas López e Araceli Rodríguez Santón (polígono 11, parcela 815).

Oeste: termo municipal do Corgo.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 29 de xaneiro de 2013, e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por este anuncio faise pública a iniciación para a posible clasificación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación cos montes, presentando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

Lugo, 22 de abril de 2013

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo