Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: nova LMTS 20 kV para alimentar novo CS na rúa Pelamios, 9.
Situación: concello de Santiago de Compostela.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,508 km, con orixe no CT Maristas Vista Alegre (expediente 15.881) e final en empalmes proxectados na LMTS SCY-812 Cabanas, entre CT Maristas Vista Alegre (expediente 15.881) e o CS SGAE, rúa Salvadas, en condutor RHZ1 – 2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, unha vez entre e saia no centro de seccionamento (CS) proxectado por particular.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución. Unha vez executada a instalación eléctrica, deberán achegar xunto coa solicitude de posta en servizo a autorización de cambio de titularidade do CS de cliente a favor de Unión Fenosa Distribución, S.A.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 8 de abril de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña