Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro),
RESOLVO:
Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 5 de marzo de 2013, relativa ao proxecto do parque eólico Cernego, no concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense), promovido por AV Cernego, S.L.U., e que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos, e nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 2 de abril de 2013
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas