Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 23 de abril de 2013, da Subdirección Xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras, polo que se notifica a resolución do procedemento administrativo de cancelación da inscrición da sociedade de corredoría Joaquín Santaclara, S.L.

Con data do 16 de abril de 2013 o director xeral de Política Financeira e Tesouro resolveu cancelar a inscrición como corredor de seguros e, por conseguinte, excluír do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia a sociedade Joaquín Santaclara, S.L.

Intentada a notificación persoal, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio deste anuncio, e de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da citada Lei 30/1992, notifícase a Joaquín Santaclara Menéndez, en calidade de representante legal, a cancelación da inscrición da sociedade Joaquín Santaclara, S.L. como corredor de seguros, persoa xurídica, no rexistro de mediadores autonómico.

Infórmaselle do seu dereito a consultar o texto íntegro da resolución nas dependencias desta subdirección sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque tres, en Santiago de Compostela, así como de obter copia dela, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Transcorrido o prazo anterior, e dado que a resolución de cancelación non pon fin á vía administrativa, contra ela poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou ao remate do prazo anterior dos quince días, de conformidade cos artigos 107, 114 e seguintes da Lei 30/1992, e sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que a interesada considere oportuno.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2013

Jesús Navazo Ruiz
Subdirector xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras

ANEXO

Procedemento: cancelación da inscrición da sociedade Joaquín Santaclara, S.L. no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Referencia: GX-010_RPX.

Interesada: Joaquín Santaclara, S.L.

NIF: B15594039.

Ultimo domicilio coñecido: avenida Compostela, s/n, Paseo da Estación, Edificio Viaxeiros 1º, do concello de Ferrol.

Notificación: resolución da cancelación da inscrición como corredor de seguros no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia á sociedade Joaquín Santaclara, S.L.