Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 22 de marzo de 2013, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación da legalización, mediante concesión administrativa solicitada polo Concello de Noia, da construción e explotación da nave de remo e piragüismo no porto do Testal (expediente 12-42-13-C-1).

Estase a tramitar unha legalización, mediante concesión administrativa a favor do Concello de Noia, da construción e explotación da nave de remo e piragüismo no porto do Testal, segundo o proxecto de execución de instalacións de remo e piragüismo na praia do Testal-concello de Noia (A Coruña), no porto do Testal, elaborado polos arquitectos de JJ-PP y Asociados, S.L. en outubro de 1998.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 22 de marzo de 2013

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro