Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de información pública sobre actividade de tanatorio.

Esther Ermitas Álvarez Fuentes, en nome e representación de Ambulancias de Carballiño, S.L.U., solicitou licenza municipal de actividade de tanatorio na rúa Evaristo Vaamonde, número 26, baixo e semisoto. En cumprimento do disposto no artigo 52 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, de policía sanitaria mortuoria, sométese a información pública, por un período de quince (15) días, co fin de que durante este (que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP e no DOG), poidan examinar, o expediente, nas dependencias municipais deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O Carballiño, 25 de abril de 2013

Argimiro Marnotes Fernández
Alcalde