Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14944

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre tramitación do expediente de incursión na situación legal de fóra de ordenación dunha nave na Pena de Francia (Dornelas).

Sométese a información pública o expediente 2011/409, tramitado por instancia de Miraflores, C.B. para a tramitación do expediente de incursión na situación legal de fóra de ordenación dunha nave na Pena de Francia, s/n, na parroquia de Dornelas deste municipio. De conformidade co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente estará á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que consideren convenientes.

Mos, 8 de abril de 2013

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa