Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14946

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de información pública sobre recoñecemento de situación legal de fóra de ordenación total e solicitude de cualificación ambiental da actividade de fabricación de compoñentes de madeira para a fabricación de mobles de cociña.

De acordo co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e na Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da citada disposición, sobre edificacións sen licenza, mediante Decreto da Alcaldía do 25 de febreiro de 2013 declarouse provisionalmente incursa na situación legal de fóra de ordenación total o conxunto edificatorio, integrado por 4 naves industriais máis 2 pequenas edificacións auxiliares, destinadas á fabricación de compoñentes de madeira para a fabricación de mobles de cociña, sito na Igrexa, Cacheiras (Teo) (referencia castastral 15083B503009540000SK), de acordo co solicitado por José Santos Couto, en representación de Santos Cocina y Baño, S.L.

O conxunto edificatorio localízase na parcela nº 954 do polígono 503 de concentración parcelaria de Cacheiras, e o citado conxunto conta cunha superficie construída de 3.721,51 m2.

De acordo co recollido na normativa e na instrución citadas, e para efectos de tramitar ante o Servizo Provincial de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a solicitude de cualificación ambiental da actividade, por medio deste edicto, e segundo o previsto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sométese o expediente a información pública durante o prazo de vinte días, contado a partir do seguinte ao da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do concello, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente completo permanecerá exposto nos servizos urbanísticos deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Teo, 10 de abril de 2013

Martiño Noriega Sánchez
Alcalde