Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14829

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2013 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional enxeñeiro técnico industrial, grupo II da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en virtude de probas selectivas, convocadas por Resolución do 27 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 17 de agosto).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas por Resolución do 27 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 17 de agosto) para cubrir unha praza da categoría profesional enxeñeiro técnico industrial, grupo II, e comprobado que o aspirante reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, o reitor, de conformidade co disposto no artigo 87.j) dos estatutos da USC,

resolve:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría enxeñeiro técnico industrial ao aspirante que superou o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova, nº 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Categoría laboral: enxeñeiro técnico industrial
Quenda de acceso libre

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

32672169W

Carrillo Presedo, José Ángel