Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013 pola que se anuncia a licitación do contrato de servizos de impresión e personalización de títulos oficiais e o seu suplemento europeo (SET).

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, número 9, 1º andar.

3. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118, 1038).

5. Telefax: +34 981 16 70 20.

6. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.es/contratacionadministrativa

8. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

* Número de expediente: 2013/4001.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: impresión e personalización de títulos oficiais e o seu suplemento europeo (SET).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Sección de Títulos da Universidade da Coruña.

1. Domicilio: r/ Mestranza, nº 9.

2. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

e) Prazo de execución/entrega: un ano.

f) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79810000-5.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Valor estimado do contrato: 199.300,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe: estimado en función dos prezos unitarios que se indican no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.30 horas, do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Registro Xeral da Universidade da Coruña.

2. Domicilio: Reitoría; r/ Mestranza, número 9.

3. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Domicilio: Reitoría, r/ Mestranza, número 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

e) Data e hora:

1. Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante, o día e a hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a pro rata.

A Coruña, 10 de abril de 2013

P.D. (Resolución do 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña