Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións, disolucións e cancelacións de varias sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan:

A) Constitucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Ferreiro García, SAT nº 1418 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social en Castelo, s/n, Muxía (A Coruña); obxecto social: produción gandeira; capital social: 24.000,00 €; nº socios: 3. A súa xunta reitora está composta por Manuel García Ucha, presidente; Carmen Ferreiro Touriñán, secretaria, e Mercedes Lema Rodríguez, como tesoreira.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Castro Buxía, SAT nº 1419 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social en Viaño Grande, nº 13, Campo, Trazo (A Coruña); obxecto social: produción gandeira; capital social: 522.800,00 €; nº socios: 5. A súa xunta reitora está composta por José María Castro Boquete, presidente; Daniel Veiras Bujía, secretario, e María Jesús Viqueira Otero, Cristina Castro Viqueira e Ricardo Bujia Ramos, como vogais.

B) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Finca A Cortiña, SAT nº 1180 XUGA, na asemblea xeral do 24 de decembro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Anular as actas de asemblea que tiveron lugar con data do 4 de marzo, 25 de xuño e 24 de setembro de 2012.

2. Aprobar a baixa por defunción de Rafael Amarelle García, que transmite ao representante da masa de herdeiros, Rafael Amarelle Taibo, 74 resgardos nominativos. Destes resgardos, 41 son vendidos a Rafael Amarelle Taibo, por acordo da masa de herdeiros, e os 33 restantes son vendidos a María Digna Taibo Pose.

3. Aprobar a alta da socia Carmen Paula García García que realiza unha achega monetaria de 19.935,85 €, representados por 51 resgardos de 390,899 €.

4. Aprobar a baixa do socio Jesús Manuel Amarelle Taibo, que dispón de 76 resgardos nominativos, dos que 66 son vendidos a Carmen Paula García García, e o 10 restantes son vendidos a María Digna Taibo Pose.

Como consecuencia desta alta, baixa e transmisión de títulos, o capital social da sociedade queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Rafael Amarelle Taibo

117 títulos

45.735,20 € de capital social

María Digna Taibo Pose

117 títulos

45.735,20 € de capital social

Carmen Paula García García

117 títulos

45.735,20 € de capital social

5. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 137.205,60 € e estará representado por 351 resgardos nominativos de 390,899 euro cada un deles».

6. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a xunta reitora pasa a estar formada por tres membros.

7. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por Rafael Amarelle Taibo, presidente; María Digna Taibo Pose, secretaria, e Carmen Paula García García, como vogal.

b) A Sociedade Agraria de Transformación O Vilar, SAT nº 1002 XUGA, na asemblea xeral do 15 de xaneiro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por Ángel Vila Fernández, presidente; Sonia Vila Rigueiro, secretaria e Ana Rigueiro Iglesias e Daniel Iglesia Iglesia, como vogais.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Frontón, SAT nº 1358 XUGA, na asemblea xeral do 9 de marzo de 2012, que eleva a pública mediante escritura do 29 de outubro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da xunta reitora que está composta por José Manuel Losada Fontao, presidente; Gonzalo Calvo Díaz, secretario, e Marta López Pérez, Manuel López López, María Luz Varela Díaz, Manuel Rajo Fernández, José David García Dalama, Rosa María González Pérez e Jorge Pérez Vázquez, como vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Casa Fanado, SAT nº 1389 XUGA, na asemblea xeral do 4 de febreiro de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio José Blanco Tuñas, que transmite 20 títulos a Francisco Javier París Blanco, e os 30 títulos restantes a Manuela Blanco Tuñas.

Como consecuencia da transmisión de títulos, o capital social da sociedade queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuela Blanco Tuñas

78 títulos

78.000,00 € de capital social

Francisco Javier París Blanco

78 títulos

78.000,00 € de capital social

María Teresa París París

52 títulos

52.000,00 € de capital social

José Manuel Quintáns Ferreiro

52 títulos

52.000,00 € de capital social

Eliana Quintáns París

52 títulos

52.000,00 € de capital social

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a xunta reitora pasa a estar formada por cinco membros.

3. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por José Manuel Quintáns Ferreiro, presidente; Francisco Javier París Blanco, secretario, e María Teresa París París, Eliana Quintáns París e Manuela Blanco Tuñas, como vogais.

Na acta de asemblea do 8 de marzo de 2013 toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa de Manuela Blanco Tuñas e do seu fillo Francisco Javier París Blanco coa correspondente devolución do capital achegado no seu momento.

Como consecuencia desta baixas, o capital social da sociedade queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

María Teresa París París

52 títulos

52.000,00 € de capital social

José Manuel Quintáns Ferreiro

52 títulos

52.000,00 € de capital social

Eliana Quintáns París

52 títulos

52.000,00 € de capital social

2. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 156.000,00 € e estará representado por 156 resgardos nominativos de 1.000,00 euros cada un deles».

3. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a xunta reitora pasa a estar formada por tres membros.

4. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por José Manuel Quintáns Ferreiro, presidente; María Teresa París París, secretaria, e Eliana Quintáns París, como vogal.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Agro Castaño, SAT nº 1118 XUGA, na asemblea xeral do 1 de febreiro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por Purificación Vidueira Guerra, presidente; Baltasar Vidueira Guerra, secretario, e José Antonio Rodríguez Castaño, como vogal.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Iglesias Rivas, SAT nº 1232 XUGA, na asemblea xeral do 21 de xaneiro de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio Arsenio Pin Río, o que se indemniza con 100,00 €, e queda exento de calquera obriga contraída ata a súa baixa.

Como consecuencia desta baixa, o capital social da sociedade queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Antonio Iglesias Rivas

6.140 títulos

61.400,00 € de capital social

José Iglesias Rivas

6.140 títulos

61.400,00 € de capital social

María del Pilar Iglesias Rivas

6.140 títulos

61.400,00 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 184.200,00 euros e estará representado por 18.420 títulos nominativos de 10 euros cada un deles».

3. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a xunta reitora pasa a estar formada por tres membros.

4. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por Antonio Iglesias Rivas, presidente; María del Pilar Iglesias Rivas, secretaria e, José Iglesias Rivas, como vogal.

g) A Sociedade Agraria de Transformación Gaigo, SAT nº 1074 XUGA, na acta de asemblea do 21 de xaneiro de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación de capital social da socia Mª Yolanda Penelas Teijeiro por importe de 22.000,26 €.

Como consecuencia desta ampliación de capital, o capital social da sociedade queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Luis Gómez Gayoso

700 títulos

42.077,00 € de capital social

Antonio Gómez Gómez

700 títulos

42.077,00 € de capital social

Carmen Gayoso Díez

350 títulos

21.038,50 € de capital social

Mª Carmen Gómez Ares

350 títulos

21.038,50 € de capital social

Mª Yolanda Penelas Teijeiro

367 títulos

22.060,37 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 148.291,37 euros e estará representado por 2.467 títulos nominativos de 60,11 euros cada un deles».

h) A Sociedade Agraria de Transformación Gorgoso, SAT nº 1121 XUGA, na asemblea xeral do 20 de febreiro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da xunta reitora, que pasa a estar composta por José Manuel Gorgoso Arias, presidente; María Ángeles Arias Sánchez, secretaria, e José Gorgoso Mourelos, como tesoreiro.

i) A Sociedade Agraria de Transformación Tendeiro, SAT nº 1284 XUGA, na asemblea xeral do 6 de marzo de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da xunta reitora que esta composta por Juan Carlos Rodríguez Seoane, presidente; María Carmen Piñeiro Díaz, secretaria, e Laura Rodríguez Piñeiro, como vogal.

j) A Sociedade Agraria de Transformación Centro, SAT nº 1283 XUGA, na asemblea xeral do 27 de febreiro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da xunta reitora que está composta por José Álvarez Méndez, presidente; Mónica Álvarez Fernández, secretaria, e María Flor Fernández Ares e Nadia Álvarez Fernández, como vogais.

k) A Sociedade Agraria de Transformación Lanzós, SAT nº 1007 XUGA, na asemblea xeral do 27 de decembro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia María Carmen Gómez Quende, a que se indemniza con 901,56 €, e queda exenta de calquera obriga contraída ata a súa baixa.

Como consecuencia desta baixa, o capital social da sociedade queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Rocío Lanzós Rey

189 títulos

28.399,14 € de capital social

Azucena Lanzós Rey

189 títulos

28.399,14 € de capital social

Manuel Díaz Rodríguez

189 títulos

28.399,14 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 85.197,42 euros e estará representado por 567 títulos nominativos de 150,26 euros cada un deles».

3. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a xunta reitora pasa a estar formada por tres membros.

4. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por Rocío Lanzós Rey, presidenta; Azucena Lanzós Rey, secretaria, e Manuel Díaz Rodríguez, como vogal.

l) A Sociedade Agraria de Transformación Visones Bermúdez, SAT nº 470 XUGA, na asemblea xeral do 18 de marzo de 2013, que ratifica a acta do 30 de xuño de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Modificar o artigo 12 do estatuto social especificando que o cargo de presidente da SAT será retribuído mediante unha cantidade fixa que vai ser cuantificada para cada exercicio contable por acordo da asemblea xeral.

m) A Sociedade Agraria de Transformación Cabana, SAT nº 1071 XUGA, na asemblea xeral do 13 de marzo de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Modificar o artigo 11 do estatuto social, de forma que o período de renovación dos cargos da xunta reitora pasa a ser de 6 anos. A renovación parcial realízase cada tres anos.

2. Renovar os cargos da xunta reitora que está composta por José Celso Folgueira Murado, presidente; Óscar Ferreiros López, secretario, e Antonio Murado Gesto e Alberto Rodríguez Alvite, como vogais.

n) A Sociedade Agraria de Transformación Costeiro, SAT nº 1137 XUGA, na asemblea xeral do 14 de febreiro de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia Mª Queti López Fernández, que lle transmite os 20 títulos que ten ao socio Julio Arias López.

2. Aprobar a alta da socia Beatriz López López que achega ao capital social un importe de 30.051,00 €.

3. Aprobar a ampliación de capital do socio José Antonio Arias López, por importe de 18.030,60 €, e de Julio Arias López por importe de 6.010,60 €.

Como consecuencia destas altas, baixas, achegas monetarias e non monetarias dos socios, o capital social da sociedade queda distribuído entre todos eles da seguinte forma:

José Antonio Arias López

50 títulos

30.051,00 € de capital social

Julio Arias López

50 títulos

30.051,00 € de capital social

Beatriz López López

50 títulos

30.051,00 € de capital social.

4. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 90.153,00 euros e estará representado por 150 títulos nominativos de 601,02 euros cada un deles».

5. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a xunta reitora pasa a estar formada por tres membros.

6. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por José Antonio Arias López, presidente; Beatriz López López, secretaria, e Julio Arias López, como vogal.

o) A Sociedade Agraria de Transformación Ouroverde, SAT nº 1201 XUGA, na escritura pública con data do 23 de xaneriro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a transformación desta sociedade nunha sociedade limitada, é dicir, transformar a Ouroverde, SAT nº 1201 XUGA, en Ouroverde, S.L.

p) A Sociedade Agraria de Transformación Langueiron, SAT nº 934 XUGA, na escritura pública con data do 11 de abril de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a transformación desta sociedade nunha sociedade limitada, é dicir, transformar a Langueirón, SAT nº 934 XUGA, en Devesa Langueirón, S.L.

C) Disolucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Visones del Marco, SAT nº 495 XUGA, na asemblea xeral do 30 de novembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Manuel Gestal Seoane, Mª del Carmen Calvete Añón e Manuel Seoane Suárez.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Adriano, SAT nº 1243 XUGA, na asemblea xeral do 3 de marzo de 2013 que ratifica a do 17 de novembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Justo Fernández Fernández, Lucía Fernández Fernández e Lourdes Fernández González.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Herdeiro, SAT nº 1164 XUGA, na asemblea xeral do 31 de decembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por José Manuel López López, Susana Díaz González e Carlos López López.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Granxa San José, SAT nº 785 XUGA, na asemblea xeral do 17 de xaneiro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por José Villar Lema.

D) Cancelacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Adriano, SAT nº 1243 XUGA, na asemblea xeral do 3 de marzo de 2013 que ratifica a do 31 de decembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria