Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de soporte e mantemento de e-Receita (AB-SER1-13-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 22.5.2013.

d) Número de expediente: AB-SER1-13-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de soporte e mantemento de e-Receita.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72212000-4 e 72267000-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

criterios non valorables automaticamente (sobre B)

Plan de evolución dos sistemas

0-25

Metodoloxía de traballo e plan de participación dos recursos

0-25

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

Oferta económica

0-40

Parámetros de servizo de soporte e mantemento correctivo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 2.034.419,40 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 782.469 euros. Importe total: 946.787,49 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): si, grupo V, subgrupo 2, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22.5.2013.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16.4.2013.

12. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos