Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de disolución e nomeamento de liquidador da entidade Troitas, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 86 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 62 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a disolución e o nomeamento de liquidador da entidade Troitas, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 31 de xullo de 2012, no Rexistro Provincial de Cooperativas.

Ourense, 15 de abril de 2013

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense