1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico Xurídico e de Contratación.
c) Nº de expediente: 2013/227.00/01.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18366
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: prestación do servizo de limpeza das dependencias do Instituto Galego de Estatística.
c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación:
Diario Oficial de Galicia nº 19, do 28 de xaneiro de 2013.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, multicriterio e tramitación ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: 167.400,00 €.
5. Orzamento base de licitación: importe neto: 99.032,14 €. Importe total: 119.828,89 €.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 27 de febreiro de 2013.
b) Data de formalización do contrato: 1 de marzo de 2013.
c) Contratista: Limpezas Faro, S.L. NIF: B36608172.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 99.032,14 €. Importe total: 119.828,89 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2013
José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística