Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14567

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN pola que se actualizan as tarifas máximas do Servizo Portuario de Practicaxe.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría, con data do 26 de marzo de 2013, adoptou o seguinte acordo:

– Autorizar a actualización das tarifas máximas do Servizo Portuario de Practicaxe, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2013. Incrementándose as tarifas na mesma proporción que o IPC interanual (nov. 2011-out. 2012), un 3,1 % de acordo coa publicación do Instituto Nacional de Estatística.

O devandito acordo atópase publicado no seguinte enderezo: www.portovilagarcia.es e exposto no taboleiro de anuncios desta autoridade portuaria.

A presente resolución do Consello de Administración pon fin á vía administrativa, segundo o artigo 109.c) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto na Lei da xurisdición contencioso-administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Galicia no prazo de dous (2) meses contados desde a data da notificación da presente resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que estime conveniente.

Vilagarcía de Arousa, 1 de abril de 2013

Sagrario Franco Malvar Mª Celeste Muñiz Otero
Presidenta da Autoridade Portuaria Secretaria da Autoridade Portuaria
de Vilagarcía de Arousa de Vilagarcía de Arousa
e a súa Ría e a súa Ría