Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14338

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes e de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.

Dado que na Administración de xustiza se atopan vacantes postos de traballo xenéricos dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial, dotados orzamentariamente, no ámbito territorial desta comunidade autónoma, procede a súa convocatoria en concurso de traslado, de conformidade co establecido no título VIII da Lei 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, así como no artigo 43 e seguintes e mais na disposición derrogatoria única do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Por todo o anterior, a Dirección Xeral de Xustiza, coordinadamente co Ministerio de Xustiza, dispuxo convocar un concurso para a provisión dos postos que se relacionan no anexo I, consonte as seguintes bases:

Primeira. Postos que se poden solicitar

1. Os funcionarios participantes poderán solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I, sempre que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes se reúnan as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria e os manteñan todos, incluída a situación administrativa de servizo activo no corpo ou escala desde o que participan, ata a resolución definitiva do concurso, sen ningunha limitación por razón da localidade de destino.

2. As ditas vacantes identificaranse polo número de orde do órgano xudicial. Coa solicitude do número de orde dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas vacantes anunciadas para ese número de orde do corpo existentes no dito órgano e, así mesmo, todas as súas posibles resultas, naqueles casos en que se anuncien.

3. Tamén poderán solicitar as prazas que queden vacantes como consecuencia da resolución do presente concurso, que se incorporarán en concepto de resultas ás vacantes ofertadas, podendo solicitarse intercaladas vacantes e resultas, salvo que estean ocupadas por funcionarios titulares adscritos provisionalmente, que se pretendan amortizar mediante proxecto de modificación do cadro orgánico, redistribución ou reordenación de efectivos, ou que a dotación asignada a un órgano xudicial se atope sobredotada por un ou máis funcionarios titulares, en cuxo caso non se xerará ningunha resulta correspondente ás prazas do corpo de que se trate. Tampouco producirán resulta os que, estando adscritos provisionalmente a unha praza, a obteñan con carácter definitivo neste concurso de traslados. Poderanse solicitar intercaladas vacantes e resultas.

As prazas que se anuncien unicamente en calidade de posibles resultas teñen que identificarse igualmente polo número de orde do órgano xudicial. Coa solicitude do número de orde dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as posibles resultas que se puidesen producir para ese número de orde do corpo correspondente.

Co fin de que os posibles solicitantes poidan exercer o dereito que se lles recoñece de solicitar as resultas producidas pola resolución do concurso, desde a data de publicación desta resolución, e durante o período de presentación de solicitudes, exporase na páxina web do ministerio (www.mjusticia.es), nos taboleiros de anuncios das xerencias territoriais do departamento, no Servizo de Información do Ministerio de Xustiza e mais nos departamentos competentes das consellerías das comunidades autónomas con transferencia de funcións en materia de provisión de medios persoais ao servizo da Administración de xustiza, a relación de órganos xudiciais e fiscais e de servizos da Administración de xustiza da mesma natureza ca os convocados que se poden solicitar, con indicación do número de orde dos ditos órganos.

Os funcionarios participantes deberanse asegurar de que os números de orde de convocatoria que especifiquen na súa instancia corresponden aos publicados para este concurso, tanto no anexo I coma nas resultas, co fin de evitar que se indiquen outros códigos correspondentes a outros concursos.

4. As siglas VSM que aparecen en determinadas prazas significan que os ditos órganos xudiciais compatibilizarán as súas funcións correspondentes á orde civil e penal coa materia relativa á violencia sobre a muller, consonte o Acordo do 22 de xuño de 2005, do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (BOE do 28 de xuño). O resto de siglas que figuran nas columnas «Denominación» e «ATP» significan o seguinte: AV (asistencia á vítima); CP (centro penitenciario); DE (dedicación especial); GA (gardas); HE (horario especial); ML (medicina legal).

5. Neste concurso xeral anual e a resultas o número máximo de órganos xudiciais que se poderá solicitar entre prazas vacantes e resultas non poderá superar os 200 números de orde, entendendo que cada número de orde comprende todas as vacantes anunciadas e as posibles resultas, se for o caso, do órgano xudicial de que se trate. Establécese este límite de acordo coa facultade que permite o artigo 42 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, co obxecto de axilizar o concurso, dada a participación masiva de funcionarios, que se trata dun concurso xeral que afecta os tres corpos ou escalas e en virtude do disposto no acordo marco subscrito entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas que recibiron o traspaso de competencias de medios persoais e materiais.

6. Non se admitirá ningunha modificación á solicitude de destino formulada nin desistencia á participación no concurso, unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias. Tampouco se admitirá, unha vez resolto o concurso provisional ou definitivamente, a renuncia ao destino obtido, por ningún motivo alegado, nin tampouco polo feito de se equivocar o concursante á hora de cubrir os números de orde da instancia, polo que os funcionarios que participen no concurso deberán asegurarse de que os números de orde de convocatoria que solicitan se corresponden exactamente coas denominacións dos órganos xudiciais ofertados.

7. Excepcionalmente poderase eliminar algunha das prazas anunciadas como vacantes ou resultas, no caso de que se producise de forma sobrevida algunha circunstancia que obrigase a facelo así.

Segunda. Requisitos e condicións de participación

1. Poderán tomar parte no presente concurso e solicitar as vacantes de órganos xudiciais dos corpos ou escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza os funcionarios pertencentes aos ditos corpos ou escalas, calquera que sexa a súa situación administrativa, bardante dos que tras obteren destino en anteriores concursos non tomasen posesión do destino que lles foi adxudicado; dos declarados suspensos en firme, mentres dure a suspensión; e dos sancionados con traslado forzoso, ata que transcorra un ou tres anos, para obter destino na mesma localidade en que se lles impuxo a sanción, se se trata de falta grave ou moi grave, respectivamente, computándose neste caso os prazos de conformidade co previsto no artigo 43.2 c) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Os funcionarios en situación de servizo activo deberán manter esta situación ata a resolución definitiva do concurso, e aqueles que se atopen nas situacións de servizos especiais ou excedencia voluntaria por coidado de familiares, no suposto de reingresaren ao posto de traballo reservado, non serán excluídos da participación no concurso. No caso de que os ditos funcionarios, en calquera das situacións indicadas, pasasen durante o proceso de resolución do concurso ás situacións de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, de excedencia voluntaria por interese particular ou de excedencia voluntaria por agrupación familiar, serán excluídos da participación no concurso.

Se un funcionario en situación de excedencia voluntaria por estar prestando servizos como secretario substituto participa no concurso e solicita o reingreso e ao longo do proceso do concurso é adscrito provisionalmente no corpo de xestión, non se considerará que se modifica a súa situación administrativa para os efectos previstos na base primeira, punto 1. Tampouco sería excluído por motivo de cambio de situación administrativa o funcionario adscrito provisional no corpo de xestión procedente da situación de excedencia voluntaria por prestar servizos como secretario substituto se, unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias, volve ser nomeado como secretario substituto.

2. Os funcionarios dos corpos ou escalas de xestión, tramitación e auxilio só poderán participar, para o mesmo corpo ou escala en que están en activo, se na data de remate do prazo de presentación de instancias transcorreu un período de dous anos desde que se pronunciou a resolución pola que se convocou o concurso de traslados en que o funcionario obtivo o seu último destino definitivo no corpo ou escala desde o que participa, ou a resolución en que se lle adxudicou destino definitivo, se se trata de funcionarios de novo ingreso. Para o cómputo dos anos, considerarase como primeiro ano o ano natural en que se pronunciaron as resolucións de que se trate, con independencia da súa data, e como segundo ano o ano natural seguinte (artigo 46.1 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro).

3. Os funcionarios reingresados ao servizo activo mediante adscrición provisional (artigo 68 c) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro), obrigados a participar nos concursos de acordo coa normativa vixente, estarán excluídos da limitación temporal prevista no punto 2 desta base. Estarán obrigados a solicitar todas as prazas vacantes e posibles resultas anunciadas correspondentes ao seu corpo ou escala da provincia onde se atopen adscritos. De non participaren no primeiro concurso convocado con posterioridade á adscrición provisional, pasarán á situación de excedencia voluntaria por interese particular. No suposto de que, existindo prazas na provincia de adscrición, non solicitasen todos os postos de traballo ou solicitasen postos de traballo doutra provincia e non obtivesen destino, o órgano competente da comunidade autónoma transferida ou do ámbito do ministerio en que estivesen adscritos adxudicaralles, con carácter definitivo, unha praza no ámbito da provincia en que estivesen adscritos provisionais e, de non a haber, no ámbito da comunidade autónoma.

No caso de non obteren destino definitivo e de que se cubrise o posto de traballo que ocupaban provisionalmente, serán adscritos de novo de forma provisional a un posto de traballo vacante de calquera oficina xudicial ou centro de destino situado na provincia ou na área territorial en que se agrupasen as vacantes para efecto de concurso. Se non obtivesen destino definitivo no seguinte concurso, adxudicaráselles de forma definitiva calquera dos postos de traballo que resulten vacantes no dito concurso en calquera ámbito territorial (artigo 69 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro). Deberán achegar, canda a súa instancia, fotocopia do documento F1R polo que fosen adscritos provisionalmente á praza en que se atopen desempeñando actualmente as súas funcións.

4. Os funcionarios que se atopen na situación da excedencia voluntaria establecida no artigo 506 d) da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial (excedencia por prestación de servizos no sector público), non terán ningunha restrición temporal para reingresaren no corpo en que figuren na dita situación.

Os funcionarios que se atopen nas situacións de excedencia voluntaria establecidas no artigo 506, letras e) e f), da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial (excedencia por interese particular e por agrupación familiar), só poderán participar no concurso se na data de remate do prazo de presentación de solicitudes transcorreron 2 anos, como mínimo, desde que foron declarados en tal situación.

5. Os funcionarios en situación de excedencia para o coidado de familiares ao abeiro do disposto no artigo 509 da Lei 19/2003, do 23 de decembro, só poderán concursar se transcorreron os dous anos establecidos no artigo 46.1 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

6. Os suspensos definitivos que se atopen adscritos con carácter provisional (artigo 68 e) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro) deberán participar neste concurso co obxecto de obter un posto de traballo definitivo. De non participaren neste concurso ou non obteren o posto de traballo solicitado, destinaranse, se é o caso, con carácter definitivo, a calquera dos non adxudicados aos outros concursantes dentro do ámbito territorial correspondente onde se atopen adscritos.

7. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa que se atopen adscritos provisionais, aínda cando a dita adscrición se efectuar dentro do prazo de presentación de instancias, por cesaren como secretarios substitutos, gozarán de dereito preferente para ocuparen, a primeira vez que se anuncien a concurso, postos de traballo xenéricos na localidade onde se atopen adscritos, segundo o establecido no artigo 70.3 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e non perderán a preferencia se unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias volven ser nomeados como secretarios substitutos. De non participaren no dito concurso ou non solicitaren todas as prazas vacantes do anexo I da referida localidade, aínda cando non for anunciada a praza en que se atopen adscritos provisionais, serán destinados con carácter definitivo a calquera dos postos non adxudicados. Se non puideren chegar a ocupar tales postos de traballo por concorreren a eles con outros funcionarios tamén con dereito preferente aos cales lles fosen adxudicados, continuarán en situación de adscrición provisional ata que se lles poida adxudicar un posto de traballo definitivo en virtude da súa participación nos sucesivos concursos e con solicitude neles de todas as prazas vacantes na localidade de adscrición. De non pediren a preferencia indicada, non participaren no concurso ou non solicitaren todas as prazas vacantes do anexo I da localidade en que se atopen adscritos, aínda cando non for anunciada a praza en que se achen adscritos provisionais, derivando diso a non obtención de posto de traballo, o órgano competente da comunidade autónoma transferida ou do ámbito do ministerio en que estivesen adscritos destinaraos, con carácter definitivo, a calquera dos postos non adxudicados.

8. O funcionario que renunciar a un posto de traballo obtido por concurso específico ou libre designación (artigo 68 a) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro), ou que cesar nun posto de libre designación (artigo 62 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro), atribuíndoselle o desempeño provisional dun posto de traballo, gozará de dereito preferente para ocupar, a primeira vez que se anuncie a concurso, un posto de traballo xenérico na mesma localidade onde servía cando se produciu o seu cesamento, e deberá solicitar todos os postos de traballo que se convoquen na dita localidade, segundo o establecido nos artigos 54 e 62 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro. De non participar no dito concurso, adxudicaráselle con carácter definitivo calquera dos postos non adxudicados.

9. Regulación do dereito de preferencia á localidade indicado nos puntos 7 e 8 da presente base:

9.1. A preferencia estende os seus efectos a todos os números de orde vacantes dunha localidade determinada, pero isto non implica que se deba adxudicar o primeiro número de orde de preferencia que solicite na súa instancia o interesado, senón que a norma establece que o concursante con este dereito obteña destino en calquera número de orde anunciado como vacante nunha localidade determinada, coas especificacións que se indicarán nos puntos seguintes, polo que, para exercer este dereito, deberán solicitar obrigatoriamente todos os números de orde de convocatoria vacantes do anexo I que se oferten na localidade para a cal se exerce a preferencia e agrupar estas peticións nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, ordenando o resto dos números de orde de convocatoria pedidos sen preferencia a continuación, entre os cales tamén se poderán solicitar voluntariamente o resto de números de orde de convocatoria a resultas da localidade para a cal se exerce a preferencia. Igualmente deberán solicitalo na súa instancia, especificando a localidade do destino onde se atopen adscritos no campo P-1 e achegando fotocopias compulsadas dos documentos acreditativos da dita preferencia (adscrición provisional, acta de posesión).

9.2. Se non obtiver destino coa súa puntuación nalgún dos números de orde de convocatoria solicitados na localidade para a cal exerceu a preferencia, e de non existiren outros funcionarios tamén con preferencia para a mesma localidade e con maior puntuación, adxudicaráselle aquel número de orde da dita localidade do anexo I que obtivese o concursante con menor puntuación, dirimíndose o caso de empate entre varios concursantes polo número de escala xerárquica e perdendo este o dereito a obter destino nese número de orde pero podendo optar aos seguintes da súa solicitude de participación.

9.3. Non se terá en conta a preferencia se non cumpre cos seguintes requisitos: solicitar todos os números de orde de convocatoria vacantes do anexo I da localidade de que se trate nos primeiros postos de preferencia da solicitude; facer constar expresamente no campo P-1 do modelo de instancia a localidade para a cal desexa acollerse á preferencia; e achegar fotocopias compulsadas dos documentos aludidos no punto 9.1.

10. O funcionario rehabilitado adscrito provisionalmente a que se refire o artigo 68 f) e o punto 2 do artigo 72 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, deberá participar no primeiro concurso de traslados que se convoque, co obxecto de obter un posto de traballo. De non participar neste concurso ou non obter o posto de traballo solicitado, será destinado, se é o caso, con carácter definitivo a calquera dos non adxudicados aos outros concursantes en calquera ámbito territorial.

11. O funcionario cuxo posto de traballo lle fose adxudicado de forma forzosa por mor da reordenación de efectivos prevista no artigo 52 do Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, poderá participar nos concursos de traslados aínda que non transcorrese o prazo legalmente establecido. Así mesmo, terá dereito preferente, por unha soa vez, para obter outro posto do propio centro de traballo (artigo 51 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro) con ocasión do concurso ordinario en que se ofreza e tomando parte nel.

Para poder exercer o dito dereito deberase axustar ás seguintes especificacións:

– Solicitar nos primeiros lugares da orde de preferencia da solicitude aqueles postos de traballo pertencentes ao centro de traballo para o cal desexa acollerse á citada preferencia.

– Indicar no modelo de instancia marcado como V-3, no campo P-2, o centro de traballo e a localidade para a cal desexa acollerse á preferencia.

– Achegar fotocopia compulsada do seu nomeamento con carácter forzoso para o centro de traballo e localidade indicados no campo P-2.

No caso de que non seguise as instrucións especificadas nos tres parágrafos anteriores, perderá, para o presente concurso, o dereito preferente que lle recoñece o citado artigo 52 c).

12. O funcionario cuxo posto de traballo lle fose adxudicado mediante un proceso de reasignación forzosa previsto no artigo 67 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, poderá participar nos concursos de traslados aínda que non transcorrese o prazo legalmente establecido no artigo 46.1 do mesmo regulamento. Así mesmo, terá dereito preferente para obter un posto de traballo no seu centro de destino de orixe no primeiro concurso de postos xenéricos en que se oferten prazas do dito centro.

Para poder exercer o dito dereito, deberá axustarse ás seguintes especificacións:

– Solicitar nos primeiros lugares da orde de preferencia da solicitude aqueles postos de traballo pertencentes ao centro de destino para o cal desexa acollerse á citada preferencia.

– Indicar no modelo de instancia marcado como V-3, no campo P-2, o centro de traballo e a localidade para a cal desexa acollerse á preferencia.

– Achegar fotocopia compulsada do seu nomeamento por reasignación forzosa para o centro de destino e a localidade indicados no campo P-2.

No caso de que non seguise as instrucións especificadas nos tres parágrafos anteriores, perderá, para o presente concurso, o dereito preferente que lle recoñece o citado artigo 67.

13. Os funcionarios que estean desempeñando un posto singularizado por concurso específico ou por libre designación poderán participar no presente concurso sempre que desempeñasen o citado posto polo menos durante un ano, contado desde a data da súa toma de posesión (artigo 49 ou 56 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro).

14. Ao resultaren irrenunciables os destinos obtidos por instancia do funcionario, no caso de obter destino o reingresado ao servizo mediante concurso de traslado, quedará automaticamente en excedencia no corpo en que se atopaba en activo. Non obstante, aqueles funcionarios que obtivesen un posto de traballo por concurso específico poderán renunciar a este se antes do remate do prazo de toma de posesión obtivesen un destino definitivo no presente concurso, quedando obrigado o interesado a comunicarllo ao órgano convocante. De incumprir este deber de comunicación, o funcionario deberá tomar posesión no primeiro dos destinos adxudicados, segundo o establecido no artigo 53 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Terceira. Baremos

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo farase de acordo co baremo establecido para valorar a antigüidade (artigo 48.1 a) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro) e o coñecemento da lingua oficial propia das comunidades autónomas, segundo o establecido na alínea b) do mesmo artigo.

1. Antigüidade. Polos servizos efectivos prestados como funcionario de carreira no corpo ou escala para o cal participa outorgaranse dous puntos por cada ano completo de servizos e computaranse proporcionalmente os períodos inferiores (0,00555556 por día). Para estes efectos, os meses consideraranse de trinta días e valoraranse ata un máximo de 60 puntos.

2. Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia da comunidade autónoma. Nas prazas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, o coñecemento oral e escrito da lingua galega debidamente acreditado por medio de certificación oficial da Comunidade Autónoma, ou homologación do título achegado e do nivel a que corresponda o título, supón o recoñecemento, só para estes efectos, de ata doce puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado, nos termos seguintes:

1. Certificado Celga 4 ou similar: catro puntos.

2. Curso medio de linguaxe xurídica galega: oito puntos.

3. Curso superior de linguaxe xurídica galega: doce puntos.

Os documentos que se acheguen acreditativos destes coñecementos do idioma deberán ser fotocopias compulsadas e non se valorarán os que non cumpran este requisito.

Os méritos valoraranse na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Cuarta. Modelos e prazos de presentación de solicitudes

1. Os funcionarios destinados definitivamente en postos de traballo dos corpos e escalas de xestión, tramitación e auxilio correspondentes a Galicia; os que se atopen en situación de servizos especiais e excedentes por coidado de familiares que teñan reservado o seu posto de traballo en Galicia; e mais aqueles dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa que, con destino provisional, procedan das oposicións convocadas pola Orde XUS/1654/2010, do 31 de maio; pola Orde XUS/2370/2011, do 21 de xullo, e pola Orde XUS/2371/2011, do 21 de xullo, presentarán a súa solicitude, sinalando nela o recadro V-1 do anexo II desta resolución e cubrindo todas as epígrafes que se lles exixan, no prazo dos 10 días naturais seguintes ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. Esta solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e presentarase no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situado no Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

2. Os funcionarios destinados en postos de traballo doutros corpos e escalas da Administración de xustiza ou doutras administracións que se atopen na excedencia do artigo 506 d) da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, nos corpos e escalas de xestión, tramitación ou auxilio, que desexen solicitar prazas ofertadas no presente concurso e fagan constar como primeiro destino calquera das convocadas mediante a presente resolución, presentarán a súa solicitude, sinalando o recadro V-2 do anexo II desta resolución e cubrindo todas as epígrafes que se lles exixan, no prazo dos 10 días naturais seguintes ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. Esta solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

3. Os restantes solicitantes que desexen participar neste concurso, como os participantes con adscrición provisional por reingresaren ao servizo activo e os excedentes voluntarios por agrupación familiar ou por interese particular, así coma os incursos na reordenación de efectivos do artigo 52 c) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, ou na reasignación forzosa do artigo 67 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e aqueloutros adscritos provisionais por cesamento ou renuncia dun posto obtido por libre designación ou por renunciaren a un posto obtido por concurso específico, presentarán a súa solicitude, sinalando o recadro V-3 do anexo II desta resolución e cubrindo todas as epígrafes que se lles exixan, no prazo dos 10 días naturais seguintes ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. Esta solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

4. As solicitudes poderanse remitir tamén na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para efectos informativos, indícase que existe unha relación de oficinas de rexistro da Administración xeral do Estado actualizada na páxina www.060.es («Guía do Estado → Coñece a Administración → Atención e información administrativa → Oficinas de rexistro»), a cal poden consultar para efectos da presentación da instancia de participación no concurso.

As que se presenten nas oficinas de Correos enviaranse en calquera das dúas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario, en cuxo caso deberán ter entrada no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza, nas xerencias territoriais ou no Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela), para os funcionarios destinados nos xulgados e tribunais de Galicia, en todo caso antes da data de remate do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado, en cuxo suposto se presentarán nas oficinas de Correos en sobre aberto para seren datadas e seladas polo funcionario de Correos antes de seren remitidas. Os participantes no concurso deberán enviar a instancia que teña o selo da oficina de Correos, sen que se poida admitir, unha vez pasado o prazo de presentación de instancias, aquela que non cumpra este requisito, aínda que posteriormente se puidese acreditar tal aspecto.

5. Os excedentes voluntarios por interese particular achegarán canda a súa solicitude unha declaración de que non foron separados de ningunha das administracións públicas.

Os excedentes voluntarios por prestación de servizos no sector público, segundo o artigo 506 d) da Lei orgánica do poder xudicial, deberán xuntarlle á súa solicitude de participación no concurso unha declaración de non se atoparen en situación de suspensión firme de funcións.

6. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante, aínda que se soliciten prazas radicadas no territorio das comunidades autónomas con competencias transferidas e que, polo tanto, figuren nas convocatorias que simultaneamente a esta realicen os gobernos autónomos e se publiquen, así mesmo, nos boletíns oficiais das comunidades autónomas respectivas.

Do mesmo xeito, mediante unha única instancia deberá optar por participar desde o corpo en que o funcionario se atope en activo ou reingresar ao servizo activo noutro corpo do cal forme parte como excedente. No caso de presentar dúas instancias en que se soliciten destinos en dous corpos e escalas distintos, serán anuladas as dúas solicitudes, quedando, polo tanto, o funcionario excluído da participación no concurso.

7. A solicitude formulada será vinculante para o peticionario unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, no senso de que non será posible a súa modificación. Se alguén desexa rectificar a súa instancia, poderá presentar unha nova solicitude, para o mesmo corpo/escala en que participaba, antes do remate do prazo de presentación de instancias, a cal anulará automaticamente a presentada anteriormente.

Soamente se poderá renunciar á participación no concurso antes do remate do prazo de admisión de instancias.

8. Para os funcionarios que participen no presente concurso de traslados entre funcionarios dos corpos de xestión, tramitación e auxilio polo ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia existe a posibilidade de cubrir a solicitude por medios telemáticos a través da intranet do Ministerio de Xustiza e do enderezo https://ainoa.justicia.es

Con isto conseguirase o obxectivo de evitar erros na transcrición dos códigos, posto que os datos gravados polo concursante quedarán automaticamente almacenados no sistema informático.

Os concursantes que opten por esta modalidade deberán presentar o modelo de instancia no impreso definitivo xerado polo asistente informático, e non o borrador, xa que este non tería validez. A dita presentación realizarase polo sistema ordinario, de acordo co especificado nos puntos 1 ao 7 da presente base.

Se algún dos solicitantes quixese modificar unha solicitude xa confirmada, dentro do prazo de presentación de solicitudes, poderá volver xerar e confirmar unha nova solicitude a través do asistente.

Considerarase válida a solicitude que teña o selo do rexistro de entrada, dentro do prazo, con data posterior, quedando anulada, polo tanto, a solicitude que teña estampado o selo do rexistro de entrada con data anterior.

Quinta. Peticións condicionadas

No caso de estaren interesados nas vacantes que se anuncian para un mesmo municipio, partido xudicial ou provincia dous funcionarios do mesmo ou distinto corpo, poderán condicionar a súa petición ao feito de que ambos os dous obteñan destino no mesmo municipio, partido xudicial ou provincia, entendéndose en caso contrario desistidas as peticións condicionadas efectuadas por ambos. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicionada deberán concretalo na súa instancia no campo C, especificando o nome, apelidos e NIF da persoa con quen condicionan, e xuntando fotocopia da solicitude do outro funcionario. Se algún dos concursantes non o indicase no campo C, quedarán anuladas ambas as instancias.

Polo feito de cubrir o campo C da instancia enténdese que se acollen á petición condicionada prevista no artigo 48.2 do Regulamento de ingreso e provisión de postos de traballo en todos os números de orde solicitados.

Sexta. Tramitación

A Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia e, se for o caso, as unidades competentes do Ministerio de Xustiza e das comunidades autónomas con competencias transferidas ante as que se presentasen as instancias efectuarán a baremación baseándose nos datos que figuran nas solicitudes.

Sétima. Adxudicacións

1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos establecidos na base terceira desta convocatoria.

2. En caso de empate na puntuación total, incluído o idioma, acudirase para dirimilo á maior antigüidade no corpo de que se trate, e de persistir o empate, ao número de orde obtido no proceso selectivo de acceso ao dito corpo.

Oitava. Resolución provisional

1. Esta convocatoria resolverase provisionalmente de forma coordinada cos órganos competentes das comunidades autónomas con competencias transferidas, de xeito que se publiquen simultaneamente na páxina web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e mais na do Ministerio de Xustiza, así como no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia. Os anexos III de todos os participantes, que conterán a baremación e o destino provisionalmente adxudicado, publicaranse na páxina web do Ministerio de Xustiza.

Simultaneamente á resolución provisional aprobarase e exporase nos ditos lugares a relación de excluídos, coas causas de exclusión.

2. A resolución provisional expresará o posto de orixe e a localidade dos interesados a quen se lles adxudique destino, así como tamén a súa situación administrativa, se esta é distinta á de activo, e mais o posto adxudicado.

3. Contra a resolución provisional, o anexo III e a relación de excluídos caberá formular alegacións no prazo de dez días naturais desde a súa publicación na páxina web e nos taboleiros de anuncios referidos, ou desde a data que nela se indique, para o cal deberán achegar no dito prazo a proba documental oportuna e a fotocopia selada da instancia que presentaron no seu día, de acordo co establecido no artigo 71.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no Rexistro de Entrada do Ministerio de Xustiza (praza Jacinto Benavente 3, 28012 Madrid), utilizando para o efecto o modelo que se xunta nesta convocatoria como anexo IV, dirixido ao seguinte enderezo:

Ministerio de Justicia-Subdirección General de Medios Personales al Servicio de la Administración de Justicia, Sección Concursos, c/ San Bernardo, 21 (28015 Madrid).

De non se reclamar no prazo establecido, entenderase que amosa a súa conformidade e a aceptación dos datos contidos, da súa baremación e do destino provisionalmente adxudicado.

Ao se tratar dun concurso a resultas, os destinos provisionalmente adxudicados poden sufrir modificacións na resolución definitiva como consecuencia dos erros que se puidesen producir na xestión das instancias. En ningún caso serán susceptibles de corrección os erros de transcrición nas solicitudes relativos aos números de orde de convocatoria, de conformidade co establecido na base primeira, punto 6, da presente convocatoria.

En calquera caso, os destinos asignados provisionalmente non supoñen expectativa de dereito respecto da resolución definitiva do concurso.

Novena. Resolución definitiva e prazo posesorio

1. Unha vez resoltas as alegacións, esta convocatoria resolverase definitivamente de forma coordinada co Ministerio de Xustiza e cos órganos competentes das comunidades autónomas con competencias transferidas.

2. As resolucións do concurso poderanse xerar por corpos, co fin de que os cesamentos dos funcionarios concursantes poidan ser graduais no tempo, se a Administración considera que a súa acumulación nunha mesma data pode ser prexudicial para o servizo público.

3. Se non se lograr a simultaneidade de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, os prazos computaranse desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

4. O prazo de toma de posesión será de tres días naturais se non implica cambio de localidade do funcionario, de oito días naturais se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e de vinte días naturais se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma de Illes Balears, da Cidade de Ceuta e da Cidade de Melilla, casos estes en que será dun mes, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe coma se é o de destino.

O dito prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución definitiva do concurso no Boletín Oficial del Estado.

5. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen as vacacións, permisos ou licenzas de que estean a gozar os funcionarios, agás que por circunstancias excepcionais debidamente motivadas se suspenda ou revogue o seu gozo.

Décima. Carácter dos destinos adxudicados

1. Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

2. Os destinos adxudicados serán irrenunciables.

Décimo primeira. Limitación para concursar

Aqueles funcionarios que obteñan destino definitivo neste concurso non poderán participar noutro concurso de traslados para o mesmo corpo ou escala ata que non transcorran os prazos establecidos no artigo 529.3 da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e no artigo 46.1 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Décimo segunda. Recursos

Contra esta convocatoria poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados centrais do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 9 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2013

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Corpo: xestión P.A.

Comunidades transferidas

Galicia

Nº orde

Denominación

ATP

Localidade

Provincia

Vacantes

Resultas

Idioma

10547

Oficina Decanato

Xestión P.A.

Betanzos

A Coruña

1

 

S

11123

Xulgado de Paz de Camariñas

Xestión P.A. Secretaría

Camariñas

A Coruña

1

 

S

12575

Oficina Decanato

Xestión P.A.

Carballo

A Coruña

1

 

S

8618

Xulgado de Paz de Carnota

Xestión P.A. Secretaría

Carnota

A Coruña

1

 

S

157

Tribunal Superior de Xustiza. Sala do Civil e Penal

Xestión P.A.

A Coruña

A Coruña

1

 

S

13775

Xulgado do Mercantil número 2

Xestión P.A.

A Coruña

A Coruña

1

X

S

1109

Servizo Común de Notificacións e Embargos

Xestión P.A.

A Coruña

A Coruña

1

X

S

10527

Tribunal Superior de Xustiza. Servizo de Apoio

Xestión P.A.

A Coruña

A Coruña

1

X

S

10540

Servizo Común de Apoio do Decanato

Xestión P.A.

A Coruña

A Coruña

1

X

S

11136

Xulgado de Paz de Malpica de Bergantiños

Xestión P.A. Secretaría

Malpica de Bergantiños

A Coruña

1

 

S

4130

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (Rex. Civil)

Xestión P.A.

Noia

A Coruña

1

X

S

12265

Xulgado de Primeira Instancia número 5

Xestión P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

14498

Xulgado do Social número 3

Xestión P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

611

Audiencia Provincial. Sección número 2 do Penal (VSM)

Xestión P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

7477

Xulgado do Social número 1

Xestión P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

7483

Xulgado do Social número 3

Xestión P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

8807

Xulgado de Paz de Ribadeo

Xestión P.A. Secretaría

Ribadeo

Lugo

1

 

S

4966

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (VSM/Rex. Civil)

Xestión P.A.

O Barco de Valdeorras

Ourense

1

X

S

12015

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2

Xestión P.A.

O Barco de Valdeorras

Ourense

1

X

S

4975

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Xestión P.A.

Celanova

Ourense

1

X

S

12291

Xulgado de Primeira Instancia número 4 (Mercantil)

Xestión P.A.

Ourense

Ourense

1

X

S

12294

Xulgado de Primeira Instancia número 5

Xestión P.A.

Ourense

Ourense

1

X

S

12297

Xulgado de Instrución número 1

Xestión P.A.

Ourense

Ourense

1

X

S

12300

Xulgado de Instrución número 2

Xestión P.A.

Ourense

Ourense

1

X

S

12303

Xulgado de Instrución número 3 (VSM)

Xestión P.A.

Ourense

Ourense

1

X

S

10563

Servizo de Apoio

Xestión P.A.

Ourense

Ourense

1

 

S

4981

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Xestión P.A.

A Pobra de Trives

Ourense

1

X

S

4987

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (VSM)

Xestión P.A.

Verín

Ourense

1

X

S

4978

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Xestión P.A.

Xinzo de Limia

Ourense

1

X

S

9019

Xulgado de Paz da Cañiza

Xestión P.A. Secretaría

A Cañiza

Pontevedra

1

 

S

13977

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3

Xestión P.A.

Tui

Pontevedra

1

X

S

2184

Xulgado de Primeira Instancia número 8

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

11868

Xulgado de Primeira Instancia número 13

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

7729

Xulgado do Social número 1

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

7732

Xulgado do Social número 2

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

12541

Xulgado de Violencia sobre a Muller número 1

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

1178

Servizo Común de Notificacións e Embargos

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

2

X

S

10558

Oficina Decanato

Xestión P.A.

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

1

 

S

Corpo: tramitación P.A.

Comunidades transferidas

Galicia

Nº orde

Denominación

ATP

Localidade

Provincia

Vacantes

Resultas

Idioma

164

Tribunal Superior de Xustiza. Sala do Social

Tramitación P.A.

A Coruña

A Coruña

2

X

S

14493

Xulgado de Primeira Instancia número 13

Tramitación P.A.

A Coruña

A Coruña

1

X

S

7382

Xulgado do Social número 3

Tramitación P.A.

A Coruña

A Coruña

1

X

S

13969

Xulgado do Social número 5

Tramitación P.A.

A Coruña

A Coruña

1

X

S

1031

Rexistro Civil número 1 (Rex. Civil)

Tramitación P.A.

A Coruña

A Coruña

1

X

S

10528

Tribunal Superior de Xustiza. Servizo de Apoio

Tramitación P.A.

A Coruña

A Coruña

1

X

S

6597

Xulgado do Penal número 1

Tramitación P.A.

Ferrol

A Coruña

1

X

S

4148

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 (VSM)

Tramitación P.A.

Ribeira

A Coruña

1

X

S

4521

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Tramitación P.A.

Chantada

Lugo

1

X

S

6700

Xulgado do Penal número 2

Tramitación P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

4533

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (VSM)

Tramitación P.A.

Monforte de Lemos

Lugo

1

X

S

4548

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (Rex. Civil)

Tramitación P.A.

Viveiro

Lugo

1

X

S

4551

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (VSM)

Tramitación P.A.

Viveiro

Lugo

1

X

S

5168

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (VSM)

Tramitación P.A.

Lalín

Pontevedra

1

X

S

5171

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (Rex. Civil)

Tramitación P.A.

Lalín

Pontevedra

1

X

S

11602

Xulgado de Primeira Instancia número 4 (Rex. Civil)

Tramitación P.A.

Pontevedra

Pontevedra

1

X

S

3104

Xulgado de Instrución número 4

Tramitación P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

6922

Xulgado do Penal número 1

Tramitación P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

6925

Xulgado do Penal número 2

Tramitación P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

Corpo: auxilio xudicial

Comunidades transferidas

Galicia

Nº orde

Denominación

ATP

Localidade

Provincia

Vacantes

Resultas

Idioma

8608

Xulgado de Paz da Baña

Auxilio xudicial

A Baña

A Coruña

1

 

S

1111

Servizo Común de Notificacións e Embargos

Auxilio xudicial

A Coruña

A Coruña

1

X

S

11169

Xulgado de Paz de Zas

Auxilio xudicial

Zas

A Coruña

1

 

S

4540

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Auxilio xudicial

Sarria

Lugo

1

X

S

4977

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Auxilio xudicial

Celanova

Ourense

1

 

S

9028

Xulgado de Paz de Ponte Caldelas

Auxilio xudicial

Ponte Caldelas

Pontevedra

1

 

S

7743

Xulgado do Social número 5

Auxilio xudicial

Vigo

Pontevedra

1

X

S

11398

Xulgado de Paz de Vila de Cruces

Auxilio xudicial

Vila de Cruces

Pontevedra

1

 

S

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file