Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 9 de abril de 2013 polo que se dá publicidade ao Acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia o expediente 418 de clasificación como veciñal do monte Canteira da Changuiña, da parroquia de Santiago de Lampón, promovido polos veciños do lugar da Changuiña da devandita parroquia do concello de Boiro.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 20.12.2012, acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte Canteira da Changuiña, promovido polos veciños do lugar da Changuiña da parroquia de Santiago de Lampón, do concello de Boiro, que ten as seguintes características:

Monte: Canteira da Changuiña.

Comunidade veciñal: veciños do lugar da Changuiña.

Parroquia: Santiago de Lampón.

Concello: Boiro.

Superficie: 5.157 m2.

Segundo o informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común do 5 de marzo do 2013, as súas estremas e límites son os seguintes:

– Abranguía a parcela nº 823 do polígono 25 do Catastro de rústica do ano 1959.

– Actualmente o monte abrangue as seguintes parcelas catastrais con cadanseu titular: 15011A025008700000XX (Autocares Muñiz, S.L.), 15011A025008230000XP (Canteira da Changuiña), 15011A025008710000XI (en investigación artigo 47 da Lei 33/2003), en parte a 15011A025008720000XJ (Fernández Silva, José María), en parte a 115011A025001490000XQ (Lojo Fungueiriño, José), en parte a 15011A025001500000XY (Romero Lapido, Josefa), en parte a 15011A025001480000XG (Hermo Vila, Carlos e Fernández Silva, Carmen) e en parte 15011A025001470000XY (Lojo Somoza, Josefa).

– As súas estremas, segundo o plano 1 do informe técnico do 29.6.2012 presentado polos promotores e a información consultada na sede electrónica da Dirección Xeral do Catastro son:

Norte: do vértice 12 ao 26 coas siguientes parcelas catastrais e os seus titulares:

15011A025002190000XM: Suárez Tubío, Ramón.

15011A025002180000XF: Fernández García, Josefa.

15011A025002170000XT: Romero Araújo, Mª del Carmen.

15011A025004430000XT: Araújo Lapido, Rosa.

15011A025002160000XL: Araújo Lapido, Delfina.

15011A025002150000XP: Araújo Rodríguez, Francisco

15011A025001590000XK: Yáñez Vila, Marcelino.

Leste: do vértice 26 ao 40 coas seguintes parcelas catastrais e os seus titulares:

15011A025001580000XO: en investigación. Artigo 47 da Lei 33/2003.

15011A025001570000XM: Benito Lapido, José.

15011A025001560000XF: Lapido Castro, Lourdes.

15011A025001550000XT: Santiago Sampedro, Juana.

15011A025001540000XL: Muñiz Hermo, María Jesusa.

15011A025001530000XP: Muñiz Santiago, Juan.

15011A025001520000XQ: Creus Tallón, Jaime.

15011A025001510000XG: Castro Maceiras, Ángela.

15011A025008720000XJ (parcialmente): Fernández Silva, José María.

15011A025001490000XQ (parcialmente): Lojo Fungueiriño, José.

15011A025001500000XY (parcialmente): Romero Lapido, Josefa.

15011A025001480000XG (parcialmente): Hermo Vila, Carlos e Fernández Silva, Carmen.

15011A025001470000XY (parcialmente): Lojo Somoza, Josefa.

Sur: do vértice 40 ao 2 coa parcela catastral 8519914NH0281N (non hai datos dela).

Oeste: do vértice 2 ao 12 coa parcela catastral 15011A025090060000XH, camiño a Runs.

En virtude do acordado polo Xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente e formular perante este xurado no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación cos montes, e presentando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

A Coruña, 9 de abril de 2013

Susana Loreta Benedeti Corzo
Instrutora

Visto e prace
Antonio Manuel Aguión Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña