Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14364

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2013 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Na sesión que tivo lugar o día 29 de abril de 2013, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de outubro de 2012 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas convocado pola Orde do 25 de maio de 2012 (DOG número 103, do 31 de maio), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Proceder á publicación das cualificacións do cuarto exercicio da fase de oposición. As cualificacións resultantes, logo da corrección polo tribunal do citado exercicio, son as seguintes:

DNI

Apelidos e nome

Nota

44831490-M

Delgado Calvo, María Teresa

Apta

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar a puntuación obtida pola aspirante que se presentou ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. Que de acordo co disposto na base II.2.8 da orde da convocatoria, a aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas en relación coa puntuación no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013

Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal