1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Augas de Galicia.
2) Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.
4) Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
5) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es
8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: OH.988.333.SV.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de servizo.
b) Descrición: desenvolvemento e execución do Plan de control de verteduras da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa. Zona Centro.
c) Lugar de execución: zona Centro da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa.
d) Prazo de execución: trinta (30) meses.
e) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de trinta (30) meses.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 90733000-4, 72310000-1 e 64214200-1.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria da licitación.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.
4. Valor estimado do contrato: 3.802.575,98 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 1.901.287,99 euros. Importe total: 2.300.558,47 euros.
6. Garantías exixidas: provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, de ser o caso: (grupo, subgrupo e categoría): grupo U, subgrupo 7, categoría D.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 66.1 e 59.4 do texto refundido da Lei de contratos do sector público deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares en relación co punto 6.2 do cadro de características do contrato.
c) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 20 de xuño de 2013.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).
2. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña) 15706.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.
b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, baixo.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña) 15706.
d) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B o 5 de xullo de 2013 ás 9.00 horas e do sobre C terá lugar na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous (2) días hábiles de antelación á súa realización.
10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de abril de 2013.
12. Outras informacións:
a) Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea, no período de 2013 a 2015, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: Medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 46: tratamento de auga (auga residual), actuación 3.46.10: actuacións e medidas encamiñadas ao control de verteduras e da contaminación das masas de auga. Unha maneira de facer Europa.
b) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
d) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.
e) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.
f) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
g) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.
h) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.
i) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2013
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia