Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2013 pola que se anuncia a licitación suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de ampliacións dos sistemas de almacenamento e de copias de seguridade para a Xunta de Galicia (expediente 19/2013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 19/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de diversas ampliacións para sistemas de almacenamento e copias de seguridade existentes na Xunta de Galicia coa finalidade de dimensionalos axeitadamente para os procesos de consolidación e homoxeneización. Así mesmo, tamén será obxecto da contratación a extensión da garantía e do soporte técnico dos equipamentos unha vez rematada a existente na actualidade.

b) División por lotes e número: si, 3.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será de 3 meses contados a partir da data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Neste prazo os equipamentos que se van subministrar deberán estar instalados, configurados e postos en produción.

A entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación, en Santiago de Compostela.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.429.750,00 €, máis 300.247,50 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.729.997,50 € (un millón setecentos vinte e nove mil novecentos noventa e sete euros con cincuenta céntimos de euros), distribuído segundo os lotes:

Lote 1: ampliación da libraría virtual de cintas EMC Data Domain DD860.

Importe: 495.867,00 € + IVE (104.132,07 €) = 599.999,07 €.

Lote 2: ampliación dos sistemas de almacenamento EMC VNX 7500.

Importe: 495.867,00 € + IVE (104.132,07 €) = 599.999,07 €.

Lote 3: ampliación dos sistemas de almacenamento NetApp 3270.

Importe: 438.016,00 € + IVE (91.983,36 €) = 529.999,36 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18777

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 24.5.2013.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no Edificio Administrativo San Caetano.

2. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa ao sobre B indicarase no perfil de contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 6.2.2013.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 25.4.2013.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia