Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Inmobiliaria Portela Barro, S.L.
Domicilio social: rúa Juan Bautista Andrade, 117, 36005 Pontevedra.
Denominación: LMTS, CT nº 1 polígono industrial de Sequeiros.
Situación: Barro.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 749 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente C-2000/12 (anterior ao CT ITV Curro) da LMT TIB810 arcos e final no CT nº 1 proxectado. Centro de transformación nº 1, de 400 kVA, RT 20 kV/400 V. A instalación está situada no polígono industrial de Sequeiros, en Monte Sequeiros, Curro, Concello de Barro.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 18 de marzo de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra