Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de abril de 2013, do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador PN.PO-2012/67-NAV e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal sen efecto, notifícaselle á persoa que se sinala no anexo a proposta de resolución de expediente sancionador por infracción da Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta proposta de resolución, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sito na rúa Oliva, nº 3, 2ª planta, en Vigo, conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Vigo, 8 de abril de 2013

José Antonio Fernández Bouzas
Director conservador do Parque Nacional Marítimo-Terrestre
das Illas Atlánticas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado

PN-PO-2012-67-NAV

Bruimar Promociones, S.L.

PN-PO-2012-49-INC

Tomás Tejero Reviriego