Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13714

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2013, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes de extensión pesqueira e do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de xuño de 2012.

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes de extensión pesqueira e do Servizo de Gardacostas de Galicia, á vista da proposta do 11 de abril de 2013, da comisión encargada de valorar os méritos achegados polos concursantes e de conformidade coa base VII.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

Segundo. Os interesados poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública