Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13542

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 24 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Regulamento (CE) nº 853/2004, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal, establece no punto 1 da epígrafe A do capítulo II que só se poderán recoller moluscos bivalvos vivos en zonas de produción con localización e límites fixos, clasificados pola autoridade competente como pertencentes á clase A, B ou C consonte o Regulamento (CE) nº 854/2004 do Parlamento e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se establecen as normas específicas para a organización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano.

O Regulamento (CE) nº 854/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se establecen normas específicas para a organización dos controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano, establece na epígrafe A do capítulo II do anexo II as condicións para a clasificación das zonas de produción e reinstalación de moluscos bivalvos vivos.

A localización e os límites das zonas de produción e de reinstalación clasificadas corresponde á Consellería do Medio Rural e do Mar.

A Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia foi modificada pola Orde do 19 de xullo de 2010 como consecuencia dunha profunda revisión dos resultados das análises e controis efectuados nas diferentes zonas de produción e, posteriormente, polas ordes do 14 de marzo de 2011, do 6 de xullo de 2011, do 28 de xullo de 2011, do 23 de novembro de 2011, do 8 de marzo de 2012 e do 5 de outubro de 2012. Os controis para garantir a idoneidade dos produtos extraídos delas son realizados pola Consellería do Medio Rural e do Mar a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

O artigo 6 da Orde do 8 de setembro de 2006 establece que, cando as análises e controis efectuados nas zonas de produción clasificadas como B ou C demostren o cumprimento de todos os parámetros exixidos durante os períodos establecidos, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá a revisar a clasificación da devandita zona. Igualmente, poderá establecer novas zonas ou subzonas de produción se se comproba que as medidas de mellora establecidas provocan a redución da contaminación ou ben que novos impactos provoquen un aumento desta, e as análises realizadas en distintas áreas desa zona de produción presentan niveis de E. coli que permitan establecer novas clasificacións dentro da zona de produción.

Nos resultados dos controis realizados nas distintas zonas de produción detectouse que hai niveis de E. coli que ofrecen resultados diferentes dos que determinaron a clasificación e a delimitación das zonas establecidas no anexo I e representadas nos mapas do anexo II da Orde do 19 de xullo de 2010, que modifica a Orde do 8 de setembro de 2006.

En virtude do exposto anteriormente,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 8 de setembro de 2006, pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia queda modificada como segue:

Un. O anexo I (moluscos bivalvos), no que se refire aos límites e clasificación das zonas de produción GAL 03/08 As Pías, GAL 09/07 Saco de Fefiñáns e GAL 09/10 O Boído-Sarrido, queda redactado do seguinte xeito:

Clave

Área de produción

Límites da zona

Coordenadas

UTM (ED-50)

Clase

Comentario

GAL 03/08

GAL 03/08-1

As Pías externa

Zona delimitada entre a liña imaxinaria que une o peirao da praia de Caranza co peirao de Astano e o extremo oeste co extremo leste da ponte das Pías.

(564785, 4814340)

(565365, 4814085)

(565422, 4815248)

(566305, 4814751)

B

Estacional,

Cambia a C

de decembro a abril

GAL 03/08

GAL 03/08-2

As Pías interna

(agás A Gándara)

Zona delimitada entre a liña imaxinaria que une o extremo oeste co extremo leste da ponte das Pías cara ao interior da ría, agás a enseada da Gándara.

(565422, 4815248)

(566305, 4814751)

(566723, 4816250)

(565315, 4815278)

C

Estable

GAL 09

GAL 09/07

Saco de Fefiñáns

Zona comprendida entre a desembocadura da canle de entrada á zona de entre canos e o contorno do saco de Fefiñáns

(514750, 4707710)

(514755, 4707695)

C

Estable

GAL 09

GAL 09/10

O Boído-Sarrido

Zona delimitada pola liña imaxinaria que une punta Campelo e punta das Sinas ao norte, e a liña imaxinaria que une punta Xastelas, punta Cabreirón e punta Correlo, ao sur, agás o esteiro de Vilanova e o saco de Fefiñáns

(510245, 4713835)

(514410, 4714240)

(511310, 4708445)

(513130, 4705605)

(514425, 4705035)

B

Estable

Dous. O anexo I (polígonos de bateas), no que se refire aos límites e clasificación das zonas de produción GAL 13 Polígonos Noia A e Muros A e GAL 14 Polígonos Muros B e Muros C, queda redactado do seguinte xeito:

Clave

Área de produción

Límites da zona

Especie

Clase

Comentario

GAL 13/01

Ría de Muros-Noia

Polígono Noia A

Cultivos en viveiro

B

Estable

GAL 13/02

Ría de Muros-Noia

Polígono Muros A

Cultivos en viveiro

A

Provisional

GAL 14/01

Ría de Muros-Noia

Polígono Muros B

Cultivos en viveiro

B

Estable

GAL 14/02

Ría de Muros-Noia

Polígono Muros C

Cultivos en viveiro

A

Provisional

Tres. O anexo II, no que se refire aos mapas para as zonas de produción GAL 03/08-1, GAL 03/08-2, GAL 09/07 e GAL 09/10, queda tal e como se indica nos mapas que se xuntan a esta orde.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2013

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file