Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Campo Lameiro (expediente IN407A 2013/56-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CT Alende.

Situación: Campo Lameiro.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56: un tramo de 594 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000-12 nº 1 na saída SJG806 e final no CT proxectado e outro de 20 metros na mesma orixe e final no apoio proxectado HV-1000-R11 nº 2 na saída SJG806. Centro de transformación aéreo de 50 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Alende, parroquia do Campo, Campo Lameiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de abril de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra