Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 16 de abril de 2013 polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32007/2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a sociedade interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Consumo o 8 de febreiro de 2013.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo, con enderezo na avenida de Zamora, nº 13, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 16 de abril de 2013

Miriam Areal López
Xefa do Servizo de Consumo

ANEXO

Expediente: 32007/2013.

Interesada: Medical System Proyect, S.L.

NIF: B86165602.

Acto notificado: inicio do expediente sancionador.