Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2013 pola que se comunica a desestimación do recurso de alzada interposto por Vigocel, S.A. contra a resolución de incumprimento total de axuda ditada no expediente 98/0042/PO, relativo a unha axuda de proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento de Vigocel, S.A., titular do expediente 98/0042/PO, relativo a unha axuda de proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable (Orde do 7 de xullo de 1997, DOG núm. 139, do 21 de xullo), que con data 9 de xaneiro de 2013 o presidente do Igape resolveu desestimar o recurso de alzada interposto contra a resolución de incumprimento total de axuda.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. A resolución de recurso de alzada esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica