Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13490

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de exposición pública (expediente 187/2011).

Ao abeiro do disposto na Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase, por instancia de Roipesa Motor, S.L., a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total de taller de vehículos en nave con licenza de almacén e venda de vehículos sita na Ramalleira (Santa Comba de Bértola) p.q. 127.500 da estrada N550 A Coruña-Vigo, marxe esquerda.

De acordo co proxecto técnico presentado de recoñecemento da actividade indicada, e cumprindo co preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletón Oficial da provincia de Pontevedra, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende recoñecer poidan examinar o expediente e facer, de ser o caso, as alegacións pertinentes.

Vilaboa, 8 de abril de 2013

José Luis Poceiro Martínez
Alcalde