Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de desistencia da petición de axudas para o fomento do emprego no expediente TR802K 2007/11.

Intentada a notificación por correo certificado aos socios de Innovación e Desenvolvemento, Sociedade Cooperativa Galega sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselle a resolución de desistencia da petición de axudas para o fomento do emprego ao abeiro da Orde do 7 de marzo de 2007 de axudas para o fomento do emprego en empresas de economía e de promoción do cooperativismo co arquivo das actuacións para o expediente TR802K 2007/11. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social.

A Coruña, 3 de abril de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña