Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de información pública polo que se solicita proxecto de legalización de ampliación de construcións agrarias.

Divina Teresa Rodríguez Somoza solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a apertura de proxecto de legalización de ampliación de construcións agrarias que se situará en Campo de Mamas, San Mamede de Belad, Portomarín, cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, se somete a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este (que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG) poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Portomarín, 17 de abril de 2013

Juan Carlos Serrano López
Alcalde