Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de abril de 2013 pola que se notifica o traslado de actuacións para a adopción de medidas de protección da legalidade urbanística ao Concello de Guitiriz (expediente 107A 2010/194-0), devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 6 de marzo de 2013, dar traslado ao Concello de Guitiriz das actuacións realizadas en relación coas obras de construción dun novo volume, engadido á edificación preexistente destinada a uso da explotación agrogandeira, sita no lugar de Lavandeira, no termo municipal de Guitiriz, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel traslado a José Ramil Vázquez, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística