María Jesús Prieto Toranzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico:
Que na peza civil nº 563/2012, dimanante do procedemento ordinario número 121/2011, procedente do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, recaeu sentenza do teor literal seguinte:
«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados:
Francisco Javier Menéndez Estébanez.
María Begoña Rodríguez González.
Jacinto José Pérez Benítez.
Ditou en nome do rei a seguinte
Sentenza número 580.
En Pontevedra o catorce de novembro de dous mil doce.
Visto en grao de apelación perante a Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 121/2011, procedentes do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, aos cales correspondeu a peza número 563/2012, en que aparece como parte apelante-demandado: Pedro Miguel da Costa Rodríguez, representado polo procurador Senén Soto Santiago, e asistido polo letrado Ernesto de Gregorio Quesada, e como parte apelado-demandante: STEN, S.A., representada polo procurador Francisco Javier Almón Cerdeira, e asistido pola letrada Laura Burgos González; demandados: José País dos Santos, Nuno Miguel Silva Vaz, non comparecido nesta alzada, e sendo relator o maxistrado Jacinto José Pérez Benítez, quen expresa o parecer da sala.
Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.
Decidimos:
Que procede admitir o recurso de apelación deducido pola representación procesual de Pedro Miguel da Costa Rodrigues, e na súa consecuencia anulamos a sentenza do 31 de xaneiro de 2012, con reposición das actuacións ao momento inmediatamente anterior á dilixencia do 12 de xaneiro de 2012, co fin de que o xulgado proceda a emprazar o codemandado Pedro Miguel da Costa Rodrigues.
Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
Seguen as rúbricas. Certifico».
O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito en caso necesario, para que así conste y se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a José País dos Santos e Nuno Miguel Silva Vaz, expido e asino este o presente edicto.
Pontevedra, 15 de xaneiro de 2013
Mª Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial