Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración de noventa (90) vehículos en réxime de alugamento para os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais (proposta 72/12-I), actuación cofinanciada no marco do programa operativo Feader Galicia 2007-2013 (expediente 36/2012).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de noventa (90) vehículos en réxime de alugamento para os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais durante trinta e seis (36) meses durante os anos 2013, 2014, 2015 e 2016.

Actuación cofinanciada polo Feader, no marco do programa operativo Feader Galicia 2007-2013 nun 75 %, eixe 2, medida 226.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18242

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 26 de decembro de 2012, DOG nº 5, do 8 de xaneiro de 2013 e BOE nº 5, do 5 de xaneiro 2013.

e) División por lotes e número: si, 2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 2.813.400,00 euros; importe total: 2.269.476,00 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote 1: setenta (70) vehículos de tipo 4×4.

a) Data da resolución da adxudicación: 28 de febreiro de 2013.

b) Adxudicataria: Empresa Monforte, S.A.

c) Importe: 1.744.142,40 euros (IVE incluído); prezo unitario de 692,12 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 1.4.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica é a máis vantaxosa e oferta un número extra de vehículos.

Lote 2: vinte (20) vehículos tipo turismo.

a) Data da resolución da adxudicación: 28 de febreiro de 2013.

b) Adxudicataria: Empresa Monforte, S.A.

c) Importe: 277.912,80 euros (IVE incluído); prezo unitario: 385,99 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 1.4.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2013

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar