Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2013 pola que se anuncia o procedemento de adxudicación, con pluralidade de criterios e tramitación urxente, do contrato non suxeito a regulación harmonizada do servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidade de Medicina do Traballo, que se desenvolverá en centros docentes públicos non universitarios dependentes desta consellería.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, planta baixa.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: 981 95 74 79.

5. Telefax: 981 54 54 43.

6. Correo electrónico: servizodeprevencion@edu.xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidade de Medicina do Traballo, que se desenvolverá en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugares de execución: levarase a cabo, polo menos, nas catro capitais de provincia e nas cidades de Santiago de Compostela, Ferrol, Cee/Muxía, Viveiro, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Lalín e Vigo.

e) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2013.

f) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 174.000,00 euros, exento do IVE conforme o artigo 20.1º.3 da Lei 37/1992, do IVE. Importe total: 174.000,00 euros.

b) Orzamento total: 174.000,00 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación (8.700,00 euros).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo N, subgrupo 1 e categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberán acreditala exclusivamente os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea, nos termos especificados no punto 6.2.A 6) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os recollidos no punto 6.2.A 8) e 9) do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do oitavo (8) día natural posterior á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle no mesmo día a súa remisión ao órgano de contratación, mediante telegrama ou fax (981 54 54 43).

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e sábados das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

4. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos números 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2.

b) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

c) A data e a hora: a apertura do sobre B (documentación técnica: aspectos avaliables mediante a aplicación dun xuízo de valor) terá lugar o oitavo día hábil, contado desde o seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas, ás 10.30 horas. De coincidir este en sábado ou inhábil, efectuarase o primeiro día hábil seguinte.

d) A data de apertura do sobre C (documentación económica: aspectos cuantificables mediante a aplicación de fórmulas) anunciarase oportunamente no perfil do contratante.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria