Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13157

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 18 de marzo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á resolución LD-01/2013, da mesma data, pola que se convoca, para a súa provisión polo sistema de libre designación, un posto de supervisor/a de área funcional (Calidade).

A citada resolución estará exposta na mesma data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Área Sanitaria de Ferrol e na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

A solicitude poderá presentarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao desta publicación.

Ferrol, 18 de marzo de 2013

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol